Campionato Galego Absoluto de Inverno e Galego de Combinadas de Menores

O vindeiro sábado día 6 terá lugar, nas pistas da Universidade da Coruña, o Campionato Galego absoluto de inverno, homes e mulleres. Nel poden participar todos os atletas galegos con ficha en vigor e que acrediten a marcas mínimas esixida pola FGA. A competición celebrarase en xornadas de mañá (de 10.30 a 14.00 horas) e tarde (de 16.30 a 19.05). O Campionato celébrase nas pistas universitarias porque, debido á imposibilidade de uso das intalaciones deportivas, non pode celebrarse nas pista cuberta de Riazor, como estaba previsto.
Os atletas que obteñan a marca mínima clasificaranse para o XLVI Campionato de España, que terá lugar o 27 e 28 de febreiro en Valencia. Entre os participantes destacan Miguel Gómez (Celta.60/7?1 e 200/22?71); Miguel Toubes (Ximnástica. 200/22?68). Iván Vale (Academia Postal. Altura/1,96) e os lanzadores de peso Victor Galego (Ximnástica. 15,64 m) e Fernando Paredes (Celta.15,69 m). Polo que ás mulleres refírese destacar a participación en 800 de Leticia Fernandez, Consi Bolago (Ourense) Susana Castro (Ria Ferrol) e de Sandra Mosquera (Comesaña. 1.500/4.40.52), Leticia Fernandez (Ourense 4.36.97) . Marta Fernández (Comesaña. 3.000/9.42.54), recente vencedora do Campionato Galego de Campo a través. Virginia Villar (Alacante.60 mv/8?74) e Lida Casal (RIA. 60/8?37).
Probas que non se celebran:
En homes non se disputarán as probas seguintes: 200 m.l. Eliminitarias; 800 Semifinais e 60 valas semifinais
En mulleres non se celebrarán as eliminatorias de 50 de 200, asi como as semifinais de 400 e 800
metros. Atletas inscritos

Campionato Galego de Probas Combinadas de categorías menores
O domingo, día 7, no Módulo Cuberto de Ourense, terá lugar o Campionato Galego de Probas Combinadas das categorías Benjamín (2001/02), Alevín (1999/2000) e Infantil (1997/98), mozos e mozas. O campionato celebrarase en xornada de mañá (10.30 a 14.00 horas). inscritos combinadas

Compartir: