A FGA solicita a colaboración do atletismo galego para os nenos saharuis este sábado no Campionato Galego Absoluto. Froito das conversas cunha ONG de axuda a nenos saharauis e marroquís, a FGA fai un chamamento a todolos membros do atletismo galego que desexen entregar material deportivo ou prendas deportivas que non utilicen para os nenos mais necesitados. Polo que este sábado ubicaremos na secretaría unha caixa para que todos aqueles que desexen contribuir depositen as prendas ou material que non utilicen.