O pasado dia 16 de xaneiro disputouse o Dussmann Indoor Meeting 2010 en
Luxemburgo, e a atletas galega Begoña Garrido do Maratón logrou baixar dos 55 segundos por primeira vez en pista cuberta, facendo un rexistro de 54.81 o que lle situa no primeiro posto do ranking
nacional.
Begoña que o pasado ano proclamouse sub-campioa de España ao aire libre cun marca de 54.77, e neste inicio de tempada atópase nun bo momento para intentar facerse co titulo en pista cuberta nos
proximos campionatos indoor a celebrar os proximos dia 27 e 28 en Valencia.
Desde a FGA desexámoslle todo tipo de éxitos nesta tempada.