Campionato Galego Cadete e Xuvenil en pista cuberta

O vindeiro domingo día 24 terá lugar, nas pistas da Cidade Deportiva de Riazor (A Coruña), o Campionato Galego Xuvenil e Cadete de Pista Cuberta, homes e mulleres. Son xuvenís os atletas nacidos nos anos 93/94 e cadetes os nados nos anos 95/96. O campionato celebrarase en xornadas de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e tarde (de 16.30 a 19.30).
500 atletas inscritos
No campionato participarán atletas pertencentes a clubs de toda Galicia que posúen as marcas mínimas esixidas e publicadas pola FGA. Os atletas que obteñan a marca mínima, clasificaranse para os Campionatos de España (Cadete. 06 FEB.Oviedo e Xuvenil 13.MAR.Oviedo). Entre os participantes cabe destacar aos xuvenís Paula Ferreirós (Lucus; Altura, 1,70), Sonia Beceiro (Narón; Triplo, 11,04), Antía Martinez (At. Morrazo; 60 m.v, 9¨05) Iván Rodríguez (Marquier; Altura, 1,78), Kevin R.López (Narón; Altura, 1,80), Luís González (S.Narciso; Peso, 13,88). Polo que se refire aos cadetes, Iria Delgado (Barbanza; Triplo, 10,58), Raquel Vila (Vila de Cangas; Peso, 10,01 m), Patricia Carballo (Cimans Coruña; Lonxitude, 4,57. 80 m.l, 10¨38), Marta Lolo (Cimans Coruña; Lonxitude, 5,18m), Miguel Otero (Cuntis; 500m l, 1.22.19), e Pablo Castro (A.Vigo; Peso, 12,34 m). Circular CampionatoAtletas inscritos

Compartir: