Resultados

Presentouse en Muros o Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning

Este luns, 12 de febreiro, presentouse en Muros o Campionato de Galicia de Trailrunning na modalidade “classic” que se desputará tanto en competición individual como de clubs.

O acto foi presidido pola alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de deportes, Damián Torea; a directiva da FGA Esther Pedrosa así como os responsables do club organizador Serres Runners: Paula Cernadas, Félix Rebollido e Mónica Rodríguez.

Éxito de participación

O III Trail Cova da Bruxa vai camiño dos mil inscritos, se ben este luns se anunciaba en roda de prensa que se superaban os 900, as inscricións seguirán abertas ata o mércores.

Esta situación é todo un éxito para a comarca muradá, o atletismo galego e máis na especialidade do trail running.

A competición desputarase na modalidade classic, tanto campionato como as probas abertas do evento e contará tamén con andaina popular e probas escolares.

Os percorridos de campionato serán os seguintes:

  • 23k e +1300 Campionato de Clubs e Individual Sub 23, Absoluto e Master.
  • 15k + 690 Campionato Individual Sub 20
  •  8k +450 Campionato Individual Sub 18 e Sub 16

Seleccion Galega

Tódolos mellores corredores da especialidade daranse cita no evento, o cal nos deparará unha competición intensa e vibrante ata a propia liña de meta.

Será a última proba puntuable para o campionato de España na cal están en xogo as 26 prazas da selección galega, atendendo ó ranking galego, sen ningún corredor ou corredora clasificado matemáticamente (pódese consultar en galiciatrail.com)

Compartir: