A localidade cordobesa de Las Erillas – Hornachuelos foi o escenario no que durante este pasado 4 de febreiro tomaron parte atletas galegas e galegos no Campionato de España Máster de Campo a través.
A nivel xeral, a expedición regresaba cun total de tres medallas, todas elas correspondentes a atletas do ADAS CUPA.
A primiera das mesmas foi a que colleitaba o atleta filial Juan Antonio Gude quen na categoría M45 e sobre unha distancia de 5.500 m. remataba na segunda posición. Na mesma categoría de equipos M45 o conxunto barquense lograba o título nacional grazas as actuacións dos seus compoñentes Juan Antonio Gude, Israel Ropero, Ricardo Vázquez, Akka Essaadaoui e Jose Carlos Ferreira.
Pola súa banda o conxunto feminino F40 formado por Esther Rodríguez, Iria Fernández e Susana Arrúa tamén subía ao podio logo de rematar na terceira posición
Logaron postos de finalistas Begoña de Arriba do Egovarros na categoía F65 e o combinado do ADAS CUPA Mixto 35-44.
A maiores a atleta de Logroño pero pertencente ao club galego, Esther Rodríguez conseguía a medalla de bronce individual na categoría F40.