Luís Moro: debutou o sabado en Valladolid cunha marca de 5,05 metros en pértega

O Valdeorrés Luís Fernando Moro debutaba o sábado 19 de decembro nunha competición oficial en salto con pértega cunha boa marca de 5.05 m. que lle supón xa a mínima para o Cto. de España absoluto a celebrar en Valencia o próximo mes de Febreiro. Luís mostrábase satisfeito despues da proba, aínda que confesou que esperaba saltar o 5.20, maca sobre a que realizou tres nulos, igual que o seu compañeiro de adestramento, Igor Bychcov, que ao cabo sería 2º, coa mesma marca que o valdeorrés. Luís Moro, actual plusmarquista galego con 5.30 m. ten depositadas grandes esperanzas esta tempada, na que a celebración do Cto. Europa en Barcelona supón sen dúbida unha gran oportunidade para acceder á súa 1ª gran competición internacional.

O Valdeorrés Luís Fernando Moro debutaba o sábado 19 de decembro nunha competición oficial en salto con pértega cunha boa marca de 5.05 m. que lle supón xa a mínima para o Cto. de España absoluto a celebrar en Valencia o próximo mes de Febreiro. Luís mostrábase satisfeito despues da proba, aínda que confesou que esperaba saltar o 5.20, maca sobre a que realizou tres nulos, igual que o seu compañeiro de adestramento, Igor Bychcov, que ao cabo sería 2º, coa mesma marca que o valdeorrés. Luís Mouro, actual plusmarquista galego con 5.30 m. ten depositadas grandes esperanzas esta tempada, na que a celebración do Cto. Europa en Barcelona supón sen dúbida unha gran oportunidade para acceder á súa 1ª gran competición internacional.

Compartir: