O Club Ourense Atletismo Academia Postal foi premiado na Gala do VIII Premio +Deporte La Región

O Club Ourense Atletismo-Academia Postal foi nominado en dúas categorías na Gala do Deporte da Región; unha colectiva como mellor club absoluto recoñecendo asi o éxito acadado por ter de novo ao conxunto masculino e femenino na máxima categoría, División de Honra, e outro individual ao nominar a marchadora Lorena Luaces como finalista a mellor atleta femenina polos logros acadados ao longo desta pasada tempada. Finalmente o xurado de + Deporte otorgou o Premio ao equipo Ourense Atletismo- Academia Postal, como mellor club absoluto, recollendo este distinguido galardón o seu presidente D. Francisco Nóvoa, que tamén foi reclamado para entregar o premio ao mellor atleta veterano. Noraboa para este club que ano tras ano acada moitos éxitos para o atletismo galego.!

Compartir: