Pontevedra acollerá novamente a unha gran cantidade de nenos no Gran Premio Xogando ao Atletismo

O pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra acollerá este sábado a partir das 11:00 horas a centos de atletas escolares que participarán no Gran Premio Xogando ao AtletismoTrofeo Deputación Provincial de Pontevedra-. A proba está aberta a todolos escolares de categoría benxamín e alevin e as inscricións están abertas ata o xoves día 17 de decembro ata as 20,00 horas. Para inscribirse todolos equipos deben cumplimentar a folla de inscrición e enviala a algún dos correos electrónicos fgatletismo@telefonica.net , atletismopontervedra@yahoo.es ou o fax 986864522. Todolos nenos participantes levarán un agasallo. Asemade haberá dous premios en material deportivo para o club e o colexio que mais nenos participen. Tamén entregaranse medallas aos componentes dos 3 primeiros equipos clasificados. Ficha de inscripcion

Compartir: