Pontevedra acolle este venres a unha das mais importantes figuras do atletismo femenino nacional. Maria Vasco, conta cun excelente currículum, medallista olímpica en Sidney 2000, 30 veces internacional absoluta, 21 veces campiona de España, 6 records nacionais, entre outros éxitos. María, presenciará todalas actividades programadas para este venres e sábado con motivo da presentación da Escola Galega de Marcha, dirixida polo noso magnífico atleta internacional e olímpico Santiago Perez . Os actos comezarán cunha charla-coloquio coa medallista olímpica ás 10:30 horas no Colexio Lope de Vega (sito na carretera provincial nº 119 -Vigo-). Posteriormente terá lugar unha roda de prensa ás 13:00 horas na Deputación Provincial de Pontevedra. Xa na tarde celebrarase nas pistas do CGTD unha sesión práctica dirixida por Maria Vasco e Santi Perez e aberta para todolos atletas que desexen participar (17:00 horas). Para rematar o programa de actividades haberá unha charla coloquio cos adestradores e atletas participantes no salón de actos do CGTD prevista para ás 18:00 horas. Animamos a todolos atletas e adestradores galegos a presenciar e participar nestas actividades!