No día de onte tivo lugar a presentación no Concello de Cervo do Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. para as categorías absolutas, sub23 e máster e 5.000 m. para os Sub18 e Sub20.
A esta presentación acudiron a Alcaldesa do Concello de Cervo Dolores García; Mali Méndez concelleira de goberno; Patricia Calvo Presidenta do Maderas Barcia Cervo así como Olga Vicente e Jaime Seijas, do CD San Ciprián. Por parte da Federación Galega estivo no acto o seu Vicepresidente Jesús Vázquez.
Este primeiro campionato oficial nas pistas cervenses, supón a posta de longo destas desexadas instalacións que veñen a dar un importantísimo servizo a toda a zona da Mariña. Con esta infraestructura preténdese atender e dar servizo a todas as escolas e clubs da zona e servir ao mesmo tempo, como ferramenta indispensble para continuar co traballo de promoción e desenrolo do atletismo en toda a comarca.
Memorial Alejandro Gómez
Sobre o sintético de Cervo, estarán tomando parte un importante número de atletas na procura deste salientable título autonómico que leva o nome de quen fora un dos nosos máis importantes atletas falecido fai tres anos.
O campinato dará comezo as 15.30 horas aproveitándose para organizar durante a mañán, unha xornada de control “Concello de Cervo” para as categorías base do atletismo.