GP Atletismo Base – Trofeo Deputación de Pontevedra

As pistas do Centro de Tecnificación deportiva en Pontevedra foron o escenario o pasado sábado día 12 do Gran Premio de Atletismo de Base. Trofeo Deputación Provincial de Pontevedra, proba na que participaron ao redor de 300 nenos de toda a provincia, moitos dos cales estreábanse na competición atlética. A climatoloxía axudou, e salvo algún atraso nas probas máis concorridas, todo transcorreu sen incidentes.
O obxectivo, dedicar unha xornada ao atletismo de base, e ofrecer alternativas plurais, neste caso de pista, á oferta habitual de cros desta época do ano. A ilusión con que os máis pequenos participaron corrobora o acertado da competición.
Un programa variado, que incluía probas de todas as modalidades, cunha convocatoria dirixida desde benjamines a cadetes, resultou o bastante atractivo para que, a pesar dun apertado calendario, con zonais de campo a través e diversas carreiras, os clubs e colexios respondesen holgadamente. Resultados

As pistas do Centro de Tecnificación deportiva en Pontevedra foron o escenario o pasado sábado día 12 do Gran Premio de Atletismo de Base. Trofeo Deputación Provincial de Pontevedra, proba na que participaron ao redor de 300 nenos de toda a provincia, moitos dos cales estreábanse na competición atlética. A climatoloxía axudou, e salvo algún atraso nas probas máis concorridas, todo transcorreu sen incidentes.
O obxectivo, dedicar unha xornada ao atletismo de base, e ofrecer alternativas plurais, neste caso de pista, á oferta habitual de cros desta época do ano. A ilusión con que os máis pequenos participaron corrobora o acertado da competición.
Un programa variado, que incluía probas de todas as modalidades, cunha convocatoria dirixida desde benjamines a cadetes, resultou o bastante atractivo para que, a pesar dun apertado calendario, con zonais de campo a través e diversas carreiras, os clubs e colexios respondesen holgadamente.

Compartir: