Doce récords galegos no autonómico máster de pista curta

Un total de doce récords galegos foron os que se batiron durante esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia máster de pista curta desenvolto Expourense.

Os atletas Jacinto Cea do Samertolameu na M45 e José Cidrás do San Miguel de Marín na M75 convertíronse nos protagonistas desta edición  logo de batir os récords galegos dos 60 m. e dos 200 m. nas súas categorías. O atleta do Samer paraba o crono na primeira distancia en 7.52 invertindo un rexistro de 24.33 sobre o dobre hectómetro. Pola súa banda Cidrás milloraba ambos topes galegos con 10.13 e 35.49 respectivamente.

Sen abandoar a velocidade, foron tamén salientables os 31.24 que sobre os 200 m. lograba Fernando Castro do At. Friol na M70 así como os 1:07.49 de Araceli Salgueiro do Samer nos  400 m. na categoría F50.

As distancias de medio fondo tiveron en José Vila do At. Sada na M60 ao máis destacado logo de rematar os 1.500 m. cun rexistro de 4:47.84

Pola súa banda Basi Bernárdez de A Silva  facíase novamente co título de lonxitude estabrecendo un récord M50 con 5.85 m. ao igual que os atletas do Samer Carlos Álvarez  en altura na M55 con 1.60  m. e Alberto Vázquez en triplo na M60 con 10.12 m. Na categoría feminina F60  Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural chegaba ata os 1.32 m. no listón de altura.

Compartir: