Resultados

O campo a través pasou polo circuito de O Aguillón

Novamente o circuito de o Aguillón no Concello de A Rúa foi o escenario escollido para a dipusta do Memorial Alejandro Lorenzo de campo a través que se desenvolveu de maneira conxunta ao Campionato xunta de Galicia máster baixo unha numerosa participación.

As primeiras probas que se levaron a cabo foron a dos atletas másters, cuxas gañadoras e gañadores foron:

  • M35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) e Emilio Pérez (ADAS CUPA)
  • M40. Iria Fernández (ADAS CUPA) e Esteban Díaz (At. Narón)
  • M45. Beatríz Barroso (At. Noia) Juan Antonio Gude (Lucus CRG)
  • M50. Soledad Leiro (S.D.Compostela) e Marcelo Lanza (S.D.Compostela)
  • M55. Teresa Castro (At.Noia) e Alvaro Barral (Ría de Arousa)
  • M60. Jose Suárez (S.D.Compostela)
  • M65. Mari Carmen Rodríguez (S.D Compostela) e Javier Toro (Verxel N.)
  • M70. Pablo Fervenza (Samertolameu)

Logo do remate do campionato máster foron as categorías base do noso deporte quenes saltaron ao circuito para tomar parte no Memorial Alejandro Lorenzo. Baixo un excelente día e un circuito cheo de atletas e público, foron discurrindo as distintas probas cuxos gañadores e gañadoras foron:

  • Sub10. Mara Kruger e Samuel García do Maderas Barcia Lourenzá

Por clubs: C.D. La Purísima en mulleres e At. Narón en homes

  • Sub12. Lena Riera e Angel Rodríguez do C.S.C.R.Beade

Por clubs: C.S.C.R. Beade en mulleres e At. Lucense en homes

  • Sub14. Lucía Ageitos do C.D.Ledikia e Pablo Barreiro do C.D. Pinarium

Por clubs: At. Lucense en mulleres e At.Narón en Homes

Compartir: