Hoxe publicouse a Convocatoria de avaliacion da actividade desenvolta polos nucleos oficiais de tecnificacion da FGA

Hoxe publícase na Circular 80-2009 a convocatoria de avaliación da actividade desenvolta polos núcleos oficiais de tecnificación recoñecidos nesta tempada pasada. Á mesma ten como obxectivo recoller todala actividade desenvolta por parte destes núcleos no trocante a concentracións, xornadas técnicas, detección de talentos, competicións, etc. O prazo de recepción de solicitudes remata o vindeiro día 16 de decembro. Posteriormente unha comisión integrada por 5 persoas baremará cada solicitude e determinará os puntos acadados polo núcleo.

Compartir: