Mª Jesús Gestido e Hassan Leikhili, gañan a I Media Maratón de Vigo.

Ao redor de trescentos atletas disputaron onte a I Media Maratón Cidade de Vigo- Ibercaja, cun percorrido urbano e chairo, que se desenvolveu ao longo da franxa litoral. A pesar de que a choiva descargou media hora antes da saída, a proba transcorreu sen problemas. A participación estivo condicionada pola asistencia masiva á cita con Oscar Pereiro o sábado e a que moitos se reservaron para a Media de Pontevedra que se celebrará o vindeiro domingo.
A canguesa do Praias de Jandía, Mª Jesús Gestido, actual campioa de España de maratón, foi a vencedora indiscutible. Viña de gañar en Mos a tarde anterior e decidiu tomarse a proba como o seu primeiro adestramento, de face ao Campionato de España, cun magnífico resultado de 1h 19m 16s. En segundo lugar entrou Paula Pérez, 1h 32m 34s e a continuación Cristina González, 1h 33m 38s.
En canto aos homes, Hassan Leikhili, do Ourense Academia Postal levou o triunfo, seguido de cerca polo por Daniel Bargiela (Bueu)con tempos de 1h 07m 16s e 1h 07m 24s respectivamente. Akka Esaadaki foi terceiro, 1h 09m 03s.

fotos e cronica: Flor Currás

Ao redor de trescentos atletas disputaron onte a I Media Maratón Cidade de Vigo- Ibercaja, cun percorrido urbano e chairo, que se desenvolveu ao longo da franxa litoral. A pesar de que a choiva descargou media hora antes da saída, a proba transcorreu sen problemas. A participación estivo condicionada pola asistencia masiva á cita con Oscar Pereiro o sábado e a que moitos se reservaron para a Media de Pontevedra que se celebrará o vindeiro domingo.
A canguesa do Praias de Jandía, Mª Jesús Gestido, actual campioa de España de maratón, foi a vencedora indiscutible. Viña de gañar en Mos a tarde anterior e decidiu tomarse a proba como o seu primeiro adestramento, de face ao Campionato de España, cun magnífico resultado de 1h 19m 16s. En segundo lugar entrou Paula Pérez, 1h 32m 34s e a continuación Cristina González, 1h 33m 38s.
En canto aos homes, Hassan Leikhili, do Ourense Academia Postal levou o triunfo, seguido de cerca polo seu compañeiro de equipo Daniel Bargiela, con tempos de 1h 07m 16s e 1h 07m 24s respectivamente. Akka Esaadaki foi terceiro, 1h 09m 03s.

fotos e cronica: Flor Currás

Compartir: