A Coruña acollerá as I Xornadas Técnicas de Lanzamentos organizadas polo NAR e a Escola Galega de Adestradores da FGA

O sábado 19 de decembro de 2009, a Escola de Lanzamentos da Coruña coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o patrocinio da Concellaría de Deportes da Coruña, organiza as “I Xornadas Técnicas de Lanzamentos“. Esta iniciativa nace con vocación de continuidade e ten como principal obxectivo facilitar e promocionar a formación técnica actualizada do mundo dos lanzamentos atléticos, a súa didáctica e metodoloxía de adestramento. Asemade estas xornadas puntuarán con 24 puntos aos adestradores que asistan de cara a obter a formación de Especialista en lanzamento que próximamente se publicará. As Xornadas serán dirixidas polo responsable de lanzamentos da FGA, Raimundo Fernández, e contarán coa participación dos atletas internacionais do N.A.R. de lanzamentos. Todolos afiliados á EGA terán a matrícula gratuita, o resto de adestradores deberán abonar 15 euros para facer a súa inscrición.Mais información. DIPTICO. CARTEL

Compartir: