Resultados

Presentouse en Expourense os Campionatos Xunta de Galicia de Pista curta

Novamente a pista sintética de Expourense será un ano máis o lugar escollido para a celebración dos Campionatos Xunta de Galicia de Pista curta (nova denominacion oficial) para este 2024.

Polo seu sintético, pasarán algo máis de 6000 deportistas encadrados nun total de doce campionatos subdivididos en distintas categorías que abranguen idades comprendidas desde os maiores de dez anos (Sub10) ata os maiores de 80 (atletas másters).

Así o expuxeron no día de onte en Expourense durante a presentación oficial dos mesmos o Presidente da FGA Iván Sanmartín; Rogelio Martínez, Director de Expourense; Manuel Pérez Xefe do Servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia;  Anibal Pereira concelleiro de Deportes de Ourense e César Fernández Vicepresidente Deputación Ourense

Importantes citas

Por competicións, sen lugar a dúbidas o Campionato Xunta de Galicia absoluto do día 27 de xaneiro, representa o prato forte da tempada atlética galega. No mesmo estarán tomando parte os principais atletas top do noso deporte na procura do primeiro gran importante título da tempada en pista. No mesmo agárdase a presenza da mundialista e plusmarquista española en lanzamento de peso Belén Toimil quen xunto a bimedallista paralímpica Adi Iglesias nas probas de velocidade, o olímpico Jean marie Okutu en lonxitude, e os internacioanis El Mehdi El Nabaoui, Ester Navarrete, Alba Cuns, Diaou Diallo e Olaia Guisela Becerril entre outras formarán o cartel principal da edición.

Outro dos campionatos que contará cun gran atractivo será o Campionato Xunta de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 que se celebrará na fin de semana do 9 e 10 de marzo e que constitúe polo seu gran volumen de participación,  a gran cita do atletismo base galego. Máis alá dos resultados deportivos, nestos campionatos incídense de maneira directa sobre os valores do deporte no que a deportividade, o compañeirismo o esforzó e a superación, representan os principais obxectivos dos mesmos.

Si ben o atletismo é considerado un dos deportes individuais por excelencia, durante este 2024 tamén haberá sitio para a disputa de interesantes encontros no apartado colectivo. As Copas de clubs tanto na categoría absoluta (14 de xaneiro) como a máster (7 de xaneiro) xuntarán en Ourense aos mellores conxuntos galegos na pelexa por estos importantes títulos que como ben sendo habitual, prevese sexan moi disputados e igualados.

A modalidade de combinadas terá  os días do 20 e 21 de xaneiro e o 3 e 4 de febreiro a celebración dos seus campionatos. Esta especialidade que conta con gran tradición e notabilidade na nosa comunidade,  representa na actualidade un dos sectores importantes do noso atletismo que conta con varios medallistas nacionais e de traxectoria internacional os cales estarán presentes neste campionato. Lucía Sánchez del Valle, Adolfo Saínz Maza ou mesmo Eva Martínez serán algúns dos atletas máis salientables que estarán en Expourense.

No resto de campionatos, salientar por evolución en canto ao número e medre de participantes nos últimos anos, ao Campionato Xunta de Galicia Máster do día 28 de xaneiro. Nesta cita tomarán parte os maiores de 35 anos en adiante que teñan mínima acreditada agardándose a presenza de plumarquistas e campións mundiais do nivel de Esther Pedrosa, Pepín Rioseco ou Carlos Morales que aportarán calidade e espectáculo a este evento.

Os campionatos Sub16 e Sub18 (10 e 11 de febreiro), Sub20 (24 de febrero)e Sub23 (21 de xaneiro) contarán de igual modo con importantes protagonistas sobre o sintético de Expourense. No mesmo tomarán parte algúns dos internacionais con máis proxeción do noso deporte tales como Xela Martínez, Alicia Barreiro, Leo Rodríguez, Xiana Lago,  Lara Iglesias, Isabel Caeiro, Pedro Vázquez, Alex Sierpes ou Sabela Castelo entre outras.

Expourense, a gran plataforma do deporte Galego

Desde a posta en funcionamento da pista curta de Expourense a finais do ano 2017, foron batidos máis de 200 novos récords galegos nas súas distintas modalidades o que pon de manifestó o gran impacto e importancia que esta infaestructura supuxo,  e está a supoñer, para o atletismo galego.

 

Compartir: