Peter Kirui tamén vence en Negreira

Coma se dun calco da proba de Santiago tratásese, na trixésima edición da Carreira Pedestre Popular de Negreira, volvéronse a repetir os dous primeiros postos da proba compostelá, co triunfo do corredor kenyano Peter Kirui, tras percorrer os 10 quilómetros nun tempo de 29 minutos e 23 segundos e o segundo posto para o seu compatriota Barnaba Sigei (29:32).Terceiro foi Goitom Kifle (29:33).
E é que os africanos partían como claros favoritos e así o demostraron o pasado domingo na vila nicrariense ao copar as sete primeiras posicións, sendo o lucense Rubén Castro, co seu oitavo posto, o primeiro español en cruzar a meta. O local Luís Calvo Castro, que realizou unha gran carreira, ocupaba a undécima posición (32:34). En mulleres, a gañadora foi a portuguesa Filomena Costa (34:31), que ocupou o vigésimotercer posto na xeneral, e para a ordense Natalia Raña Fontes, a cuarta praza.
Nesta trixésima edición anotáronse un total de 1.480 participantes, e chegaron a meta, nas tres categorías, 1.060 corredores. Por equipos federados o gañador foi o Atletismo Sar e a segunda praza foi para o Atl. Milladoiro Resultados

Compartir: