O Secretario Xeral para o Deporte recibiu onte á Comisión de Evaluación das instalacións atléticas galegas

D. José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, recibiu onte na sede da Secretaría Xeral para o Deporte aos perto de vinte integrantes, procedentes de distintos estamentos atléticos, que integran a Comisión de Evaluación das instalacións atléticas galegas. O secretario Xeral convidou a esta comisión a que establecese unha lista de prioridades necesarias en materia de instalacións atléticas para que posteriormente fosen tratadas dende a Secretaría Xeral e poidesen afrontarse nesta lexislatura, facendo todo o esforzo dende a Secretaría Xeral para poder acoller estas peticións, sendo conscente da importante rebaixa que se está a producir nos orzamentos das distintas consellerías e secretarías. Ao longo de varias horas, os distintos membros da Comisión que acudiron a esta xuntanza, formada por 6 clubes galegos (OAAP, ADAS, SGPO, Riazor Coruña, Ría de Ferrol, e Sociedade Atlética Val Miñor), 4 adestradores (Mariano García-Verdugo, Alfonso Ortega, Santiago Ferrer e Julio Fernández), 4 atletas (Santiago Perez, Pedro Nimo, David Gómez e Manuel Penas), 1 xuíz (Eleuterio García) e persoal federativo (Isidoro Hornillos, Victor Arufe e Manuel Teijeiro Valledor), ademais tamén participou o atleta e arquitecto Jose Luis Dominguez (Atletismo Femenino Celta) quen aportou unha visión dende o punto de vista técnico, debatiron o estado actual das instalacións xa existentes de toda Galicia e as necesidades de novas instalacións. Houbo acordon pleno en establecer a reforma de Balaidos como necesidade prioritaria.

D. José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, recibiu onte na sede da Secretaría Xeral para o Deporte aos perto de vinte integrantes, procedentes de distintos estamentos atléticos, que integran a Comisión de Evaluación das instalacións atléticas galegas. O secretario Xeral convidou a esta comisión a que establecese unha lista de prioridades necesarias en materia de instalacións atléticas para que posteriormente fosen tratadas dende a Secretaría Xeral e poidesen afrontarse nesta lexislatura, facendo todo o esforzo dende a Secretaría Xeral para poder acoller estas peticións, sendo conscente da importante rebaixa que se está a producir nos orzamentos das distintas consellerías e secretarías. Ao longo de varias horas, os distintos membros da Comisión que acudiron a esta xuntanza, formada por 6 clubes galegos (OAAP, ADAS, SGPO, Riazor Coruña, Ría de Ferrol, e Sociedade Atlética Val Miñor), 4 adestradores (Mariano García-Verdugo, Alfonso Ortega, Santiago Ferrer e Julio Fernández), 4 atletas (Santiago Perez, Pedro Nimo, David Gómez e Manuel Penas), 1 xuíz (Eleuterio García) e persoal federativo (Isidoro Hornillos, Victor Arufe e Manuel Teijeiro Valledor), ademais tamén participou o atleta e arquitecto Jose Luis Dominguez (Atletismo Femenino Celta) quen aportou unha visión dende o punto de vista técnico, debatiron o estado actual das instalacións xa existentes de toda Galicia e as necesidades de novas instalacións. Houbo acordon pleno en establecer a reforma de Balaidos como necesidade prioritaria. Nesta reforma contémplase a dotación de material para Balaídos, a creación dun módulo cuberto, a reforma dos vestiarios, e a creación dun ximnasio e reforma de salas comúns da instalación. Tamén solicitouse a supervisión dos convenios que a Secretaría Xeral establecese con distintas institucións para o uso das pistas, co fin de asegurar por escrito o acceso ás mesmas por parte dos distintos atletas e adestradores galegos, e o correcto mantenemento da instalación e do seu material. En segundo lugar solicitouse a creación de módulos cubertos para as seguintes localidades por este orden de preferencia Lugo, Barco de Valdeorras, Santiago de C. e Pontevedra. En terceira posición solicitouse unha pista cuberta fixa nunha zona con maior densidade demográfica e actividade atlética. De non ser posible a creación deste proxecto solicítase o aluger da mesma temporalmente para poder celebrar os campionatos galegos de pista cuberta das distintas categorías. Outras prioridades que aparecen no documento redactado pola Comisión son: Reforma do Estadio Multiusos de San Lázaro, incorporar cubierta ás gradas das pistas do CGTD e arranxar os problemas da rúa 7 e 8, crear ximnasios en Lugo, Barco de Valdeorras e Monterrei, entre outras.

Compartir: