Galicia: sexta Comunidade do ranking Autonómico

A FGA, cun total de 651 puntos, logrou situarse na sexta praza do ranking autonómico que recolle o número de finalistas nos campionatos nacionais ao aire libre, en pista cuberta e en ruta, segundo información facilitada pola Federación Española.
As federacións da Comunidade Valenciana e de Andalucía escoltan a Cataluña no podio nesta clasificación, na que se computan as categorías cadete, xuvenil, júnior, promesa e absoluta.
Galicia figura por diante de autonomías habitualmente destacadas en canto ao seu potencial deportivo, como é o caso do País Vasco. Clasificación

Compartir: