O domingo día 8 terá lugar en Pontevedra a primeira actividade da Escola Galega de Marcha

O director da Escola Galega de marcha, Santiago Perez, anunciou que o domingo día 8 de novembro terá lugar a primeira actividade desta escola. A mesma consistirá nunha sesión de adestramento nas pistas do CGTD que terá inicio ás 10:30 horas e rematará por volta das 13:00 horas. Neste adestramento pode participar calquer atleta ou adestrador, independentemente do seu nivel. O obxectivo desta iniciativa é a de proporcionar un foro de coñecemento relativo á marcha á vez de formar atletas nesta especialidade. Todolos interesados en participar en dita actividade poden inscribirse no email secgeneral@fgatletismo.com

Compartir: