Cada ano son máis os concellos que se suman á promoción da práctica da carreira a pé os últimos días do ano. As Carreiras de fin de ano e San Silvestres proliferan ano tras ano acollendo a centos de atletas populares e federados que desexan disfrutar dun bo ambente festivo e saudable ata as horas previas ao remate do ano.
Os vindeiros 24, 30 e sobre todo 31 serán os concellos de A Rúa, Fene, Neda, Ares, Ourense, Castrelo de Miño, Vigo, Narón, Santiago e Ordes quenes den a oportunidade de despedir o ano da maneira máis atlética e divertida posible e da que de seguro, non faltará quenes acudan con algún disfraz ou motivo de nadal.
Dende a Federación Galega de Atletismo animanos a tódolos amantes do noso deporte a participar en algunha destas carreiras (achégamosvos os seguintes enlaces para máis información sobre estes eventos:
- XIII Carreira e andaina popular do Nadal A Rúa, 24 de decembro
- VIII San Silvestre Concello de Fene Fene, 30 de decembro
- San Silvestre Concello de Neda 2023 Neda, 31 de decembro
- XVIII Carreira Fin de Ano Ares-Mugardos-Ares Ares, 31 de decembro
- VIII San Silvestre Ourensá Ourense, 31 de decembro
- XXV San Silvestre Castrelo do Miño Castrelo de Miño, 31 de decembro
- San Silvestre Vigo 2023. Vigo, 31 de decembro
- VI San Silvestre Naronesa 2023 ¨A Trintaeundoce¨ Narón, 31 de decembro
- San Silvestre Compostelá 2023 Compostela, 31 de decembro
- VI San Silvestre Solidaria. A ilusión de Sergio. Ordes, 31 de decembro