Riazor e Sada, os máis combineros

Esta fin de semana disputouse en Expourense unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas por clubs á que acudiron a tomar parte un total de catorce equipos.

O campionato que desenvolveuse durante o sábado e domingo, foi aproveitado para a realización de diversas probas de control que contaron cunha numerosa participación de atletas.

Riazor Coruña e Atletismo Sada os mellores conxuntos

No que respecta ao campionato, na categoría femenina o triunfo foi para ao conxunto do Riazor Coruña cuxas integrantes Celia Fernández, Valentina Rodríguez e Daniela Laya lograban sumar un total de 8.564 puntos que lles daban o campionato. Xunto ás coruñesas o C.D. La Purísima con 8.337 puntos e Atletismo Femenino Celta con 7.335 p., completaron postos de podio.

En homes pola súa banda, foi o conxunto das Mariñas do Atletismo Sada quen se proclamaba campión autonómico grazas as actuacións de Martín Santos, Gael Simal, Enrique Polo e Tomás López os cales aportaban un total de 10.880 puntos. Atlética A Silva con 10.694 puntos e Real Club Celta con 9.891 acompañaron aos sadenses no caixón de honra.

 

Compartir: