14 equipos loitarán polo título de combinadas en Expourense

Expourense acollerá esta fin de semana a disputa do Campionato e Criterium Xunta de Galicia por equipos de probas combinadas no que vai ser o último campionato indoor neste 2023.

Será durante o sábado a dobre xornada e o domingo pola mañán, cando se dispute esta edición que servirá de igual modo para a celebración dun critérium da modalidade á que están inscritos un total de vinte atletas.

A Gimnástica, rival a batir

No apartado de clubs, acuden un total de oito equipos na categoría feminina e seis na categoría masculina ca intención de estar na loita directa tanto polo título galego como polos postos de honra desta edición.

A priori será o equipo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen centre toda a atención xa que novamente aspira a repetir o triunfo logrado  na pasada edición en ambas categorías. Xunto aos do Lérez estarán as integrantes do C.D. La Purísima e as do Riazor Coruña na categoría feminina así como as formacións do Atletismo Sada e Atlética a Silva na categoría masculina, como a priori os principais rivais para a loita polo título autonómico.

Compartir: