A Coruña 10: Máis de 1000 atletas inscritos

A terceira edición da carreira A Coruña 10 que terá lugar o próximo 11 de outubro, promete bater o record de participación posto que se inscribiron, ata o día de hoxe, máis de 1.000 atletas de toda a xeografía nacional.
Penas, si. Nimo, non.
Polo que se refire a atletas galegos de primeiro nivel, cabe confirmar a presenza de Lolo Penas, que participou na proba de 10.000 m no Campionato do Mundo de Berlín. O outro participante galego no mundial, Pedro Nimo, non pode acudir á cita coruñesa debido á lesión sufrida nos inicios da maratón do mundial (rotura muscular no gluteo) que non lle impediu, non só o terminar a carreira, senón alcanzar, nunha mostra de decoro, o posto 62.
Inscricións ata o día 8 OCT.
A inscrición para a proba pode realizarse na páxina Web da FGA
www.atletismogalego.org. Tamén, ata o día 6 OCT nos Departamentos de Deportes do Corte Inglés, na Casa da auga e en Ramón e Cajal.

Inscripciones Circuito Cartel Reglamento

Compartir: