Resultados

Sportur Galicia levanta o telón á súa cuarta edición

No día de mañán arrinca no recinto de Expourense unha nova edicicón de Sportur Galicia no que a Federación Galega de Atletismo, un ano máis,  estará presente de maniera moi activa.

Sportur Galicia está dirixido tanto a deportistas e empresas de turismo, como a xente activa que busque coñecer experiencias novas na contorna natural e de mobilidade sostible.

Os visitantes poderán coñecer lugares e asociacións para a práctica de distintas actividades deportivas e físicas en contacto coa natureza. Os expositores poderán promocionar os seus recursos vinculados ao turismo activo e deportivo, atopando unha ocasión inmellorable para dar a coñecer e compartir os seus distintos proxectos e propostas

O certame estará aberto desde o día de de mañán 30 de novembro ata o 1 de decembro en horario de 16:00 a 19:00 horas

A FGA contará cun stand

O stand da Federación estará ubicado xunto ao resto de expositores no recinto cuberto e nel podérase recabar información, tanto sobre as distintas modalidades do noso deporte, como das múltiples ventaxas que entraña a opción de contar cunha licenza federada.

Compartir: