Pontevedra acollerá o Curso de Adestrador Nivel II

Por segunda vez Galicia acollerá o curso de adestrador de club (Nivel II) homologado pola RFEA. O curso terá lugar ao longo de 9 fins de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra e nas pistas do CGTD, as clases comezarán o venres 16 de outubro. Todalas persoas preinscritas deberán formalizar a súa inscrición antes deste luns día 7, ademais todolos monitores nacionais que o desexen poderán inscribirse ata cubrir as prazas convocadas. Podese obter mais información chamando á Federación Galega de Atletismo.

Compartir: