O Concello de Salvaterra do Miño súmase á lista de concellos que loitan pola promoción do atletismo entre a súa población e organizará este sábado día 29 a súa Carreira Popular 50 Aniversario Festa do viño Condado. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas distintas categorías e material deportivo. As inscricións poden facerse ata o venres día 28 de agosto na web http://www.concellodesalvaterra.org/ ou no teléfono 986-658126 (Sonia).