Resultados

Campionato do Mundo de Veterans: 12 Medallas (3 Ouros,3 Pratas e 6 Bronces)

Gran actuación galega, nos Campionatos do Mundo de veteranos ao aire libre, que se celebran na localidade finlandesa de Lathi, onde os nosos veteranos ao conseguido un total de 12 Medallas (3 ouros, 3 pratas e 6 bronces). Fixéronse coa medallas de ouro o dobre campión Julian Bernal Medina (Egovarros) nas probas de 5.000 e 10.000 metros da categoría M90 cuns rexistros de 35.50.80 e 1h.17.06.10 e Luís Nogueira Fernández (ADAS)en xavelina con 67,68 e terceiro campionato consecutivo, na categoría M50 As medallas de prata correron a cargo de Manuel Rosales Touza (RCC) da categoría M70 en 10.000 metros con 41.38.54 e Xosé Luís Otero Cepeda (USC) da categoría M55 con 35.19.28, e Emilia Mesa Soriano (OAAP) en lonxitude da categoría W55 con 4,31 metros. Os bronces conseguíronos por partida dobre Maria Jesús Sanguos Espiña (CSC) en 80 e 300 valos cunhas marcas de 13.69 e 53.63 da categoría W50, tambien fixo dobrete Soledad Castro Soliño (CSC) en Cros e 10.000 metros cunha marca de 36.11.81 categoria W40, sendo Julian Bernal Medina (EGO) categoría M90 en 800 con 4.51.96 e Manuel Rosales Touza (RCC) en M70 en 5000 con 19.40.14 quen completaron as seis medallas de bronce.

Actuaccion Gallega ir a noticia ampliada

Na cidade filandesa de Lathi , dispútase o mundial de veteranos desde o 28 de xullo ao 8 de agosto. E en primeiro dia de competición, competiron Soledad Castro (CSC) na categoría W40 na proba de cros e logrando a medalla de bronce . En homes o atleta do ADAS, Xulio Ventin, (M45) logrou o 10ª posto en decathlon con 5.100 puntos (13.64/4,54/10,78/1,51/1.04.14/20.15/30,05/2,80/35,23/5.40.32) A xornada do dia 1, deparounos a medalla de ouro do ¡incombusible¡ Julian Bernal na proba de 5000 metros cun rexistro de 35.50.80 na categoría M90. Na categoría M70, Manuel Rosales volvio a demostrar a súa clase logrando a medalla de bronce en 5000 cunha marca de 19.40.14, na mesma proba, pero na categoría M55, Xose Luís Otero, viuse obrigado a retirarse debido a unha lesión. Tambien competiron Luz Domínguez (OAAP) en 800 metros categoría W45 logrando un regisrtro de 2.45.38, que a clasifica para a final. Igualmente métese na final de 300 valos, Maria Jesús Sanguos ao gañar a súa semifinal con 56.97.

Xornada dia 2: Dúas medallas máis para o noso representantes a cargo de Maria Jesús Sanguos en 300 valos cun rexistro de 53.63, que lle valeu para facerse co bronce na categoria W50. A mesma prese foi para Julian Bernal na categoria M90, nos 800 cunha marca de 4.51.96. Tambien compieron Luz Dominguez en 800 retirandose da proba. Dous cuartos posto para Soledad Castro en 5000 cun rexistro de 17.54.46 e Emilia Mesa en Xavelina con 28,10 metros.

Xornada dia 3: A unica presenza dos atletas galegos, estivo a cargo do “incombustible” Julian Bernal, que competiu nos 200 metros lisos cunha marca de 58.23 da categoría M90:A marca supón unha novo record de España

Xornada dia 4: Unha nova medalla de prata para os galegos desprazados ao Campionato do Mundo, e em esta ocasión conseguiuna Xose Otero Cepeda, na catgoria M55 na proba de 10.000 metros cun rexistro de 35.19.28, nesta distancia ampla representación galega onde competiron na categoría M50 Manuel Bello Garcia con 37.43.85 (15º), Ramón Irazu Riveira con 39.54.10 (21º) e na categoría M60 Jesus Bernal Gómez con 44.54.32 (27º). En mulleres competiu Luz Domínguez Román en 400 metros cun rexistro de 1.16.69 sendo terceira da súa serie e quedando no posto 17 da xeneral

Xornada dia 6: Boa xornada para os nosos atletas, con dúas novas medallas de ouro, dúas pratas e un bronce. Os ouros foron para o atleta valdeorres do ADAS Proinor do Barco de Valdeorras, Luís Nogueira, proclamouse por 3ª vez consecutiva campion do mundo na proba de lanzamento de xabalina, categoria de nais de 50 anos nos ctos. do mundo de atletismo o aire libre. o lanzador valdeorres conseguiu unha marca de 67.69 m. vencendo o ex campion olimpico de moscu 80 “kuna” de orixen leton, que conseguiu unha marca de 61 metros e medio. O outro ouro conseguiuno Julian Bernal Medina, na categoría M90, na proba de 10.000 metros cun rexistro de 1h.17.06.10 con novo record de España incluído. Tambien Manuel Rosales Touza na categoría M70, logro a medalla de prata cun rexistro de 41.38.54. Mesmo metal para Emilia Mesa Soriano do Ourense en lonxitude con 4,31 categoria W55. que tambien interveu en peso con 8,65 e quedando no noveno posto.A medalla de bronce , a atletas do Comesaña, Soledad Castro Soliño, repite metal nestes Campionatos ao facerse co terceiro posto nos 10.000 metros cunha marca de 36.11.81 na categoría W40. A actuación dos demais galegos, na proba de 80 valos Ana Santos, cun rexistro de 16.47, sendo 9ª na xeneral da categoría W45.

Xornada dia 7: Na penultima xornada do Campionato, soamente interveu Maria Jesús Sanguos do Comesaña, nos 80 metros valas da categoría W50, e logro unha nova medalla de bronce cun rexistro de 13.69.

Xornada dia 8: Como peche do campionato celebrouse o Maratón, na que Ramón Irazu do Ria Ferrol, chegou no posto 43 con 3.46.26 na categoria M50.

Actuaccion Gallega

Compartir: