Camponato de España Absoluto:Oito Medallas: Okutu y Dacal (Oros) José M. Vila, Isaac Vicente, Mercedes de Santalo, Begoña Garrido, Alvaro Contreras (Pratas) e Virginia Villar (Bronce)

En Barcelona celébrase en Campionato de España Absoluto, onde toman parte máis de 50 atletas galegos. E as primeiras medallas cnseguíronse nos lanzamentos , onde Gustavo Dacal (SGP) obtivo o seu décimo titulo absoluto en xavelina no seu último intento con 73,89, sendo prata José M. Vila (Praias) con 73,87 a dous centímetros de Gustavo, facendo o seu MMT. En martelo a prata foi para Isaac Vicente (Maratón) con 66,85, lonxe do inalcanzanle Javier Cienfuegos que lanzou 73,16 mtos. A outra medalla de prata conseguiuna Mercedes de Santaló Osorio en disco cun rexistro de 54,49 metros, quedando a 5 centimetros da vencedora Irache Quintanal ¡Sensacional ¡Jean Marie Okutu (SGP) con 7,94 en lonxitude e Campeon absoluto e record galego Absoluto e Promesa. Fantastica tempada de Okutu cun sexto salto de 7,94 que vén confirmar a progresión deste atleta ¡parabén¡ Ultímaa xornada deparounos tres novas(dúas pratas e un bronce) As medallas de pratas a cargo de Alvaro Contreras (RCC) en Decathlón con 7.245 puntos. Begoña Garrido (Maratón) con 54.77 en 400 metros lle valio a medalla de prata e Virginia Villar (Bronce) en 100 valados con 13.77, rexistro que vén retirar da lista o ?vetusto? record galego absoluto que estaba en posesión de Maria José Martinez desde o ano 1989. Desde a FGA queremos felicitar a todos os atletas, polo gran campionato realizado ¡parabén¡ (ir a noticia ampliada) Actuacción galega

Sabado 1ª Xornada Na primeira xornada do Campionato, non puido comezar mellor, xa que en xavelina fantastica actuación galega onde Gustavo Dacal (SGP) proclamouse campión por novena vez cunha marca de 73,89. Gustavo tivo que empregarse a fondo xa que José M. Vila (Jandia) no seu quinto lanzamento logrou o seu MMT con 73,87, o que ao final se valeu a medalla de prata. Tambien competiu Fernando Tallon (RCC) quedando de 11ª con 58,02 metros. O primeiro atleta galego en abrir a competición foi Miguel Rodriguez (RCC) nas semifinais de 100 metros, e non puido meterse nas semifinais final ao parar o crono en 12.22 , ocupando a sexta praza

Sabado 2ª Xornada:Tambien na xornada de tarde, comezou moi ben, pois na proba de Martelo, Isaac Vicente (MART) fíxose coa medalla de prata cun marca de 66,85 mtos., sendo 5 Cristobal Almudi (USAL) con 62,44, sexta praza para Ignacio Fernandez (Praias J. ) con 60,94 e David Rocha (SGP) con 55,90 ocupou a 13ª posición. Nas semifinais de 110 valos Denis Galán (OAAP) non puido entrar na final a pesar do bo rexistro de 15.05 que é o seu MMT. A primeira atleta galega en participar Lida Casal (RIA) na proba de 200 m.l. co seu rexistro de 25.58 déixaa fóra da final En triplo salto Lucia Pérez (AFC) coa marca de 11,87 relegouna á 11ª praza, En 400 valos Javier Fidalgo (OAAP) non entrou na final ao quedar sexto na súa semifinal con 53.63. Na final de pertega, sexto posto para Paula Campanero (Playas) con 3,80 igulando a sua mellor marca da tempadaA tarde continua dando alegrias, pois Mercedes de Santalo (Pto. Alacante) logrou a medalla de prata en disco con 54,49, quedando a tan só 5 centimetros da vecendora Irache Quintanal.Finalizada a primeira xornada de Decathlón, o atleta do RCC, Alvaro Contreras, encabeza a clasificación cun total de 3.926 puntos (11.67/7,18/12,82/2,08/49.92)Bo rexistro en 400 de Begoña Garrido (Maratón) con 54.86 metiendose na final coa mellor marca das atletas nacionais Octava plaza na final de 110 valados, Denis Galán con 15.11 . O regreso de Marta Miguez (OAAP) á gran competición saldar cuns discretos 42,24 ocupando o posto 12, sendo 14 Ana Domínguez (Silva) con 41,07 e Lida Parada(ADB) con 39,86 no posto 15. , en 3000 Obs. Juan Pousa (OAAP) non logrou nunca sentirse comodo na carreira e as súas 9.10.98 leváronlle ao posto 17.En semifinais de 800 Victor Riobo (Praias) fíxose coa terceira posición con 1.50.19. Meritorio 7º praza para a atleta do Comesaña, Marta Fernandez cun rexistro de 16.39.98. A xornada finalizou co 10 Km. Marcha, onde Lorena Luaces (OAAP) con 48.35.92 levantouse á cuarta praza, retirandose Eva Mª Iglesias (BIDE) e Rocio Carbia (OAAP)

Domingo 3ª xornada: Nesta xornada soamente intervén Alvaro Contreras en decathlón, e mal comezo para Alvaro, que cos 110 valos (16.05) o disco (33,23) e pértega (4,10) situase na 4ª posición con 5.826 puntos

Domingo 4ª Xornada: Como colofón ao Campionato, os atletas galegos, volveron darnos alegrias e tres novas medallas súmanse para o noso atletismo, a cargo de Begoña Garrido (Maratón)e Alvaro Contreras (RCC) que se fixeron cos subcampeonatos en 400 metros lisos e decathlon. Begoña realizou unha marca de 54.77 e Alvaro con 7.245 puntos. E a unica medalla de bronce conseguiuna Virginia Vllar en 100 valos cun rexistro de 13.77, que supón bater o record galego absoluto, que estaba en posesión de Maria José Martinez desde o ano 1989. Nas finais celebradas, interviñeron Santi Pérez (OAAP) que se retirou na rueba de 10 Km. Marcha, tambien retirar Carlos Villamor (Camargo) en 5000 metros, en triplo José A. Palomanes (OAAP) non puido repetir o éxito do ano anterior e os seus 15,70 metros en triplo, relegoulle á 5 posición. Septimo posto para Alexandre Sola (OAAP) en pértega con 4,80., o mesmo posto para Victor Galego (SGP) en disco con 52,25, onde David Fernandez (RCC) con 51,57 ocupo o 9ª e Martin Brea (SGP) con 48,45 foi 14. Na proba de peso Mercedes de Santaló con 13,59 quedou de 8º,sendo a atleta do AFC, Elena Estevez 14ª con 12,27 En resumo gran campionato o realizado polo noso atletas e desde a FGA queremos expresarlle o noso recoñecemento e felicitación

Compartir: