Campionato Galego Absoluto

A pertinaz choiva fixo acto de presenza no LXXVI Campionato Galego absoluto celebrado onte nas pistas ferrolás da Malata. o que dificultou a actuación dos atletas, pero a pesar diso moitos conseguiron a marca mínima esixida para participar no Campionato de España que terá lugar en Barcelona os días 1 e 2 de agosto. Entre as actuacións individuais cabe destacar a do campión de España de xavelina Gustavo Dacal (Ximnástica), que lanzou o artefacto ata os 72,15 m. Competido foi, como era de prever, o lanzamento de disco no que se impuxo Victor Gallego (Ximnástica), con 52,0;segundo foi o seu compañeiro de equipo Martín Brea, con 51,49 m.Javier Fidalgo (Academia Postal), foi o vencedor nas probas de 400 m e 400 m.v con 49.06 e 52.88 respectivamente.Moi boa foi a marca de Victor Galego (Ximnástica) que con 16,02 proclamouse vencedor da proba de peso. Miguel Gómez (Celta) venceu en 100 e 200 m con 11.06 e 22.57, repectivamente .En 110 valados Denis Galán cruzo a meta en 15.01
Marcas destacadas en Mulleres
En mulleres destacaron Lida Casal (Ria de Ferrol), vencedora en 100 m l, 12.58 e en 200 con 25.46, igualando a súa marca nesta última. En pértega Paula Campanero elevouse ata os 3,50, lonxe dos 3,80 que realizou o pasado día 8. A mesma marca realizou Beatriz Viteri. En martelo proclamouse vencedora absoluta Sara Arousa (Celta) cun lanzamento de 47,05.En disco cabe destacar os 48,53 m de Mercedes de Santaló, que venceu tamén en peso, con 13,34 m. Pola súa banda Marta Fernández (Comesaña), impúxose nos 5.000 m (16.52.03) e en 1.500 impúxose Sandra Mosquera (Comesaña), 4.34.25. Destacar a Marta Miguez, que logo duns anos retirada, volve á pistas e faise co titulo en Xavelina cunha marca de 41,68 metros., pero estamos seguros que coa súa calidade pronto volvera as 50 metros.

Campionato Galego de Relevos

En nulleres impuxose o Ria Ferrol en 4×100 (50.79) e en 4×400 foi o Academia Postal (4.08.19). En homes Ourense Academia Postal foi pirmeiro en 4×100 (44.05) e en 4×400 impuxose a Ximnástica Pontevedra (3.29.92) Resultados oficias FOTOS

Compartir: