Campinato Galego Absoluto Aire Libre

Mañá sábado celebrarase un dos campionatos mais importantes da tempada, o Campionato Galego Absoluto no Estadio da Malata (Ferrol), coa colaboración do Patronato Municipal de Deportes do Concello de Ferrol, a Delegación de atletismo da FGA en Ferrol e o Club Atletismo Ría de Ferrol, celebrarase a súa LXXVI edición, así como o Campionato Galego de relevos, tanto en homes como en mulleres. A competición celebrarase en xornadas de mañá (de 10,30 a 14,00 horas) e tarde (de 16,30 a 20,30 horas). Trátase da competición máis importante das que se celebran na nosa Comunidade e á que asisten os mellores atletas galegos, uns 400 en total, debendo acreditar todos eles unha marca mínima. É a última oportunidade, para moitos deles de obter a mínima para participar no Campionato de España, que se celebrará en Barcelona os días 1 e 2 de agosto.
Atletas destacados
Entre os participantes cabe destacar a presenza de Gustavo Dacal, nove veces campión de España e primeiro do ranking nacional de xavelina, que recentemente alcanzou os 74,77 metros que é a mellor marca nacional da tempada. Tamén estará o decatleta olímpico David Gómez, que competirá en peso e disco. Competido será o lanzamento de disco, con Víctor Gallego e David Fernández, 8º e 9º do ranking nacional (RN) con 53,36 e 53,10, respectivamente. En 400 m v participará Javier Fidalgo, 8º do RN con 52.26. En mulleres cabe destacar a Mercedes de Santalo 2ª no RN en disco, Mª Jesús Gestido, 4ª no RN de 10.000 m con 35.43.8, Paula Campanero, tamén 4ª do RN con 3,90 m en pértega e a xuvenil Lida Parada 5ª do RN absoluto coa marca de 46,70 m en xavelina.

ULTIMA HORA Resultados oficiais

Comunicamos que NON se celebrará as semifinais de 400 lisos e 400 valos en homes, e 400 lisos, 100 valos e 400 valos mulleres. Pasandose a disputar a final á hora fixada no horario da competición

[Mais información] [Campións Galegos 2008] [Atletas inscritos]

Compartir: