Resultados

O campionato de España de cros, agarda aos equipos galegos

Este domingo 19 de novembro, un total de vintecinco equipos galegos tomarán parte no Campionato de España de campo a través por clubs que se desenvolverá na localidade soriana de El bosque de Valonsadero a partir das 11:00 horas.

A esta cita, a onde acuden un total de 424 equipos de todo o Estado, estarán máis de cento cincuenta atletas galegas e galegos en representación dos clubs Sociedad Gimnástica, Atlética Lucense, Riazor Coruña, Atletismo Sada, Comesaña S.C., C.D. La Purísima, ADAS CUPA, Ría de Foz, A.D.Fogar, Riazor Coruña, Lucus Caixa Rural Galega, Ferrol Atletismo, Agrupación Viguesa e Atletismo Santiago.

Historia

Esta competición inaugurada no ano 1966, sempre foi unha das predilectas para os equipos galegos na que de maneira en especial destacaron notoriamente.

As grandes figuras galegas dos Álvarez Salgado, Carlos Pérez, Julia Vaquero, Estela Estévez, Alejandro Gómez, Carlos Adán ou os irmáns de la Torre por citar só algúns, foron abandeirados e abandeiradas dos importantes triunfos que lograban na categoría absoluta os conxuntos vigueses do Real Club Celta e o New Balance – San Miguel de Oia en distintos periodos.

Si o Real Club Celta Celta masculino domiñaba o periodo de finais dos sesenta e principios dos setenta, o New Balance-San Miguel de Oia,  facíao de maneira ininterrumpida na categoría feminina entre os anos 1993 ata o 1997.

Si todo esto acontecía a nivel absoluto, no resto de categorías, colleitábanse un total de corenta e un títulos repartidos entre os Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16.

Entre as mesmas destacan os quince títulos do Celta tanto en homes como en mulleres e os doce do San Miguel de Oia nas categorías masculinas Sub20 e Sub18 logradas no periodo do 1987 ata mediados dos noventa.

A maiores ao longo da historia formacións como o Ourense Academia Postal, S.A. Vigo, Club Universitario de Santiago, Mercantil de Vigo, Sociedad Gimnástica, Val Miñor, Sierra Narón, Comesaña Sporting ou o máis recente, a Atlética Lucense na Sub16 feminina de fai dous anos, foron outros dos conxuntos que lograban algún título nacional nas categorís inferiores.

Compartir: