Boa xornada atletica no Ciudade de Vigo: Gustavo Dacal 74,77 Mellor Marca nacional en xabalina

O mais destacado foi a dobre vitoria de Gustavo Platas en 1.500 e 5.000 m. con 3.44.41 (1.048 p.) e 14.20.07 (934 p.) levando os dous premios polas súas vitorias mais o de mellor marca. En pértega Alberto Martínez realizou un salto de 5,25m. 1.038 p. e Gustavo Dacal lanzou a xavelina tres veces mais alla dos 74 m. o seu concurso foi. 74,72 – 74,77(1.000p.) – 74,28 – Nulo – Nulo e 69,09, con estes 74,77 m realizou a mellor marca española da tempada en curso, por outra banda en martelo Isaac Vicente lograba un lanzamento de 66,46 m (965 p.). A mellor marca feminina correspondeu á arxentina do Porto de alicante Karina Córdoba con 16.33.30 (993 p.) que supón a súa mellor marca da tempada, 2ª foi a maña do Scorpio Francisca Crespo con 16.56.31 tamén mellor marca para ela, terceira Solange Andreia Pereira con 17.16.59 no seu debút da distancia, tamén merécese mención pola súa enorme mellora Mª Yolanda Gutiérrez 4ª en 17.22.44, houbo mais melloras persoais, tal como a de Javier Álvarez, 2º nos 400 m. con 49.80. Boa tarde de atletismo en Balaidos, e desexamos unha nova edición na vindeira tempada deste importante evento. ir a noticia ampliada Resultados

Cronica e foto xentilza de Joaquin Pérez

Na proba de 5.000ml Gustavo Nieves foi 3º clasificado logrando a marca de 14.24.37, o que supón unha nova marca nacional, e quedou a escasas centésimas da marca do mundo establecido na final paralímpica de Pekin polo atleta kenyano vencedor con 14.24.04 o que demostra que o seu estado de forma segue sendo o óptimo para afrontar fai 1 mes o cto de europa de atletismo no que se coroou como mellor atleta.
Coa marca do sábdo Gustavo, logra a mara mínima establecida pola rfea para poder participar o próximo fin de semana en Avilés no cto. de españa absoluto de 10.000ml no que estarán os mellores especialistas, como lolo penas, que buscarán a marca mínima para o mundial de berlin. gustavo intentará mellorar a súa marca, o que suporía unha nova marca mundial da distancia

Compartir: