Resultados

A presentación da San Martiño marca a conta atrás da súa celebración.

A celebración a pasada fin de semana da Carreira Pedestre Popular de Santiago, abría as portas ás grandes citas de ruta para este último treito do ano. Sen lugar a dúbidas, entre toda a xenda, a carreira da San Martiño é pola súa importancia, tradición e calidade un dos máximos ferentes deportivos e sociais cos que conta a cidade das Burgas e o atletismo galego en xeral. Por tal motivo, o Concello de Ourense foi escenario no día de hoxe da súa presentación ante a asistencia de autoridades, institucións e entidades deportivas quenes oficialmente marcaban o inicio da conta regresiva que desembocará ca saída de milleiros de atletas o vindeiro día doce de novembro.

A clásica

A clásica por excelencia do calendario pedestre, volve fielmente a súa cita como cada ano, e faino cunha presencia importante de participantes xa que son ata o momento algo máis de 7800 os inscritos e inscritas os que tomarán as rúas ourensás o domingo día 12 desde as 11.00 horas. A sáida será desde a Ponte do Milenio rematando logo de completar os 10K da carreira, no Pavillón Municipal de Os Remedios.

O prazo de inscripción segue aberto ata o día 5 de novembro contándose con carreiras para todas as categorías e nas que os fins humanitarios terán no seu dorsal solidario a maneira de poder colaborar.

Cartel de atletas importante

No tocante aos atletas inscritos, estará la línea de saída todo un clásico e referente da proba, Alex Fernández, quen posúe nada menos que o récord da proba cun total de seis triunfos. Xunto ao atleta local internacional estarán participando o campión de Europa dos 5.000 m. no 2006 Jesús España; o plusmarquista  nacional de maratón con 2h.06´25 e finalista nos XX.OO de Tokio, Ayad Lamdassem e o atleta olímpico e internacional Uruguaio Nicolás Cuestas. Xunto eles o internacional galego El Medhi El Nabaoui, gañador recentemente da Popular Pedestre de Santiago e o atleta do Atletismo Narón, Mohamed El Ghazouany, serán de igual modo, serios aspirantes á loita polo triunfo.

Por parte feminina a internacional do Atletismo Feminino Celta, que ven de pulverizar recentemente o récord galego de media maratón, Ester Navarrete, perfílase como unha sería aspirante ao título desta clásica. Especial atención tamén para a lucense Laura Santos que se achega en excelente estado de forma como así o demostra a súa victoria na Popular Pedestre de Santiago de fai unha semana.

Información e inscricións

Compartir: