Victor Rioboo e Begoña Garrido participarán nos Xogos do Mediterráneo ca selección española

Este sábado viaxarán ata Pescara (Italia) os 30 integrantes do equipo español que participarán nos Xogos do Mediterraneo que se disputarán ao longo dos días 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo. Salientar a presenza de dous atletas galegos, o marinense Víctor Rioboo que competirá na proba dos 800 m.l. e a ferrolán Begoña Garrido que participará na proba dos 400 m.l. Tamén salientar a presencia do presidente da FGA, D. Isidoro Hornillos que foi designado Xefe Oficial do equipo polo presidente da RFEA D. Jose María Odriozola. Noraboa a todos eles e desexámoslle moita sorte nesta relevante competición. Mais informacion

Compartir: