Fase Final Compostela Cup

O sábado 20 de xuño disputarase nas pistas da Universidade de Santiago de Compostela a Fase Final da Compostela Cup Atletismo en Pista 2009.
Despois desta larga andaina polas diferentes fases disputadas en Noia, Ribeira, Ourense e Ribeira, chega a Fase Final da cal sairán os gañadores absolutos desta competición. A Compostela Cup 2008-2009 pecha a súa andaina con máis de 800 atletas participantes na modalidade de Pista. A inclusión das Fases de Lugo e Ourense abreu as portas a novos clubes, novos atletas que axudaron a cumprir o obxectivo principal da competición, que non é outro que fomentar a práctica deste deporte na base, no futuro do atletismo galego.HorarioClasificados Fase FinalOferta MenúItinerario Cultural gratuito para clubes, atletas y acompañantes

A continuación incluimos o horario da Fase Final, os clasificados para a mesma, unha oferta de menú para clubes, atletas e acompañantes, e un itinerario cultural gratuito para aqueles que desexen pasar a tarde en Santiago de Compostela.
Por último, destacar que a competición estivo patrocinada pola Fundación Compostela Deporte, Xacobeo e Caixa Nova, e contou coa organización das Delegacións de Atletismo de Santiago, Lugo e Ourense (Federación Galega de Atletismo). Agradecementos, como non, a Coca-Cola (Begano) e a Cruz Vermella pola súa inestimable colaboración.
Horario-Clasificados Fase Final-Oferta Menú-Itinerario Cultural gratuito para clubes, atletas e acompañantesHorarioClasificados Fase FinalOferta MenúItinerario Cultural gratuito para clubes, atletas y acompañantes

Compartir: