Neste fin de semana pasado celebrouse en Logroño o Campionato de España de multidiscapacidad organizado pola ONCE e o IPC. Destacar a boa actuación dos galegos Gustavo Nieves e Maximiliano que se fixeron con numerosas medallas e boas marcas, Gustavo Nieves proclamouse Subcampión de España en 1500 m.l. cun rexistro de 4.00.68 (MMP) e mínima para os Europeos de Rodas-Grecia (xa ten 3 mínimas acadadas nas probas de 1.500ml-5.000ml e 10.000ml), asemade este mesmo atleta acadaba o día antes en Fuenlabrada na celebración do Campionato de España Universitario unha mellor marca persoal nos 5000 m.l. de 14.33.03 (MMP) sendo Récord de España T12. Por outra parte Maximiliano Rodríguez proclamouse Campión de España de 200ml: 23.17(MMT) e mínima para os Europeos de Rodas-Grecia. Parabéns para estes fantásticos atletas!