Á selección galega enfrentarase á selección asturiana, cántabra e vasca nos I Xogos do Cantábrico

Galicia, Asturias, Pais Vasco e Cantabria enfrentaranse o 23 de maio en Avilés nos I Xogos do Cantábrico. Froito das reunións mantidas dende fai uns meses entre os presidentes das federacións das 4 comunidades autónomas bañadas polo Mar Cantábrico xuridu a idea de volver a celebrar os Xogos do Cantábrico, encontro que dende xa antes do ano 1963 víñase organizando, participando neles os mellores atletas de cada comunidade. Nesta edición a comunidade anfitriona será Asturias, que na sede das pistas de atletismo de Avilés disputaranse un total de 10 probas tanto na categoría masculina como na feminina , incluidos relevos 4×100. Galicia presentará un equipo competitivo para intentar acadar o triunfo en ambalas categorías. Mais informacion (Na foto cartel do ano 1969 dos V Xogos do Cantábricos celebrados en A Coruña)

Compartir: