Resultados

Galicia estará presente no Campionato do Mundo de campo a través en Jordania. O arzuano Lolo Penas e Sandra Mosquera participarán ca selección española.

A Real Federación Española de Atletismo acaba de facer pública a selección que representará a España no Campionato do Mundo de Campo a través a celebrar en Jordania o 28 de marzo. Neste selecto grupo de19 atletas de toda España, dous galegos estan presentes, Manuel Penas no equipo senior masculino e Sandra Mosquera no junior femenino. Asemade, tamén acompañarán á expedición dous adestradores galegos dos 4 existentes, así os galegos Oliva Román e Alfonso Ortega viaxarán ca expedición. Novamente os adestradores e atletas galegos están a demostrar o seu gran nivel e a súa capacidade para facerse co tan preciado pasaporte para o Campionato do Mundo. Noraboa a Lolo, Sandra, Oliva e Alfonso por este novo éxito! Mais información

Compartir: