José M. Corral, xuíz e atleta do atletismo galego participará o
próximo día 23 na media maratón do Sahara entre as localidades de Auserd e Smara, antigas cidades españolas, esta última a terceira en importancia tras O Aaiún e Vila Cisneros. A carreira
desenvólvese a través das pistas existentes no deserto, suxeitas a constantes variacións debido á mobilidade das dunas provocada polos ventos (siroco) ás veces extremadamente fortes e
perigosos.
Carreira solidaria
A maratón do Sahara é unha carreira solidaria que ten como obxectivo a concienciación e mobilización internacional diante dun conflito que dura máis de 30
anos, desde que o pobo saharauí foi inxustamente abandonado. Cada participante custea a súa participación, co que axuda ao pobo saharauí.