Resultados

Campionato de España junior. 18 atletas galegos desprázanse ata San Sebastián

Un total de 18 atletas galegos competirán este fín de semán en San Sebastián no XXXVI Campionato de España junior de pista cuberta. A expedición galega desprázase esperando bos resultados e coa ilusión de batir mais dun record posto que a pista de Anoeta reune unhas condicións óptimas, de todo punto incomparables ás limitacións que impón a pista galega de Riazor, instalación na que se celebra todalas competicions autonómicas de pista cubierta. Entre os atletas destacados están en homes Santiago Ferrer,da Sociedade Gimnástica, segundo do ranking nacional da categoría en pértiga (4,50 m) e primeiro en Heptatlón (6.086 puntos acadados no decathlon); Telmo Beceiro,do Sierra de Narón, segundo en Heptatlón (5.676 puntos acadados en decathlon).En mulleres Sandra Mosquera, do Comesaña Sporting Club, (4.53.01 en 1.500 m) e Iria Abelleira, do Academia Postal, (1,61 m en altura) ambas na cuarta posición nacional. A primeira posición do escalafón nacional a ocupan Eva Costas, (13,57 m en peso) e Lucía Pérez (11,66 m en triple), ambas do Atletismo Femenino Celta. Desexamos o mellor para todos estes atletas.

Compartir: