Apenas comezar a xornada de tarde en Riazor, chegábanos a gran noticia da fantástica actuación do atleta do OAAP José Alfonso Palomanes que facía un novo record galego absoluto no triple salto cun rexistro de 15,60. Mentres en Riazor cumpríronse os pronósticos, David Gómez gañaba os 50 m.v. , ,mentres que Miguel Gómez gañaba os 50 metros lisos. Paula Campanero a pértiga, ao igual que Alex Sola en categoria masculina, quen entre el e Juan Pablo Calvo mostraron o gran nivel da pértega galega, deleitando ao publico asistente. Destacar o triplete de Gustavo Platas que acadaba ouro nos 800, 1500 e 3000 m.l.. Roberto Faya e Beatriz Capeáns impoñíanse na proba dos 400 ml. Fernando Paredes ouro no lanzamento de peso ao igual que Elena Estevez. Boa actuación das atletas do Comesaña S.C., Marta Fernandez ouro nos 3000 lisos mentres que Soledad Castro acadaba o bronce e Sara Perez (AFC) a prata. . Resultados FOTOS VIDEOS
Destacar a atleta infantil do ano 96 Patricia Carballo (Coruña Comarca) que cunha marca de 7.17 foi cuarta na final estabeciendo un novo record galego da súa
categoría.Salientadas as marcas de Marta Fernández, ouro en 3.000 con 9.42.54; Sandra Mosquera, ouro en 1.500 (4.44.91); Iria Abelleira, primeira en altura (1,59m) e Lidia Casal (Ría de Ferrol)
impúxose en 50 e 200 m.l. con 6.85 e 26.19 respectivamente. Como colofón ao campionato deuse un trofeo á mellor marca en categoría de homes e mulleres como recordatorio aos Memoriais Rascado,
Bremon e Tapia que foron para a atleta do Comesaña, Marta Fernandez co seu rexistro en 3000 metros de 9.42.54 e David Gómez en 50 valos con 7.08