Este xoves terá lugar a inauguración da remodelación das pistas de atletismo do INEF (Bastiagueiro)

O xoves as 12:00 horas da mañá terá lugar a inauguración da remodelación das pistas do INEF de Bastiagueiro. Ao acto asistirá a conselleira de Cultura e Deporte Dª. Anxela Bugallo, a Directora Xeral para o deporte Dª. Marta Souto, así como outras personalidades. Convídase a todolos estamentos atléticos galegos, especialmente os de Coruña e comarca a presenciar este importante acto.

Compartir: