Resultados

Pereiro de Aguiar encheuse de futuro

Pereiro de Aguiar encheuse esta domingo de atletismo para presenciar e disfrutar da gran festa atlética galega das categorías base do noso deporte que representou o Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12

Mais de seincentos nenos e nenas Sub10 e Sub12 tomaban as pistas para desenvolver un magnífico campionato organizativo polo Ben Cho Shey. Durante toda a xornada de mañan, unhas bancadas ateigadas de público poideron presenciar e disfrutar de todas e cada unha das actuacións deste xovencímos e xovencísimas atletas que deron o mellor de sí nunha edición, na que non faltou emoción, calidade e moita deportividade.

Ao acto de premiacións acudiron membros da corporación Municipal de Pereiro de Aguiar encabezada polo seu alcalde Luis Menor así como a do Presidente da FGA Iván Sanmartín e a do Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat entre outros.

 

Compartir: