Resultados

Gran xornada do atletismo base en Calabagueiros

As pistas de atletismo de O Barco de Valdeorras vibrou esta fin de semana durante a disputa de dúas importantes citas do atletismo galego base como foron os campionatos por clubs Sub10 e Sub12 e o individual Sub14.

Desde as 10.15 h. da mañán e ate as 20.20 viviríase en Calabagueiros una auténtica festa na que quedaron patentes as gañas e o entusiamo que sobre cada una das carreiras e concursos amosaron as nosas e nosos xovencísimos atletas.

A nivel xeral, destacaron ao longo do día as mostras de superación e deportividade tanto por parte dos nenos e nenas, como por parte dos clubs que enchían a instalación atlética de O Barco, quedando a clasificación por conxuntos da seguinte maneira:

  • Sub10 feminino. 1º ADAS CUPA, 2ª Atlética Lucense, 3ª C.D. La Purísima, Atletismo Narón, Atletismo Beade, Millaraio, Lucus Caixa Rural Galega, Atletismo Piringalla, Ourense Atletismo, Atletismo Deza e Atletismo Sada
  • Sub10 masculino. 1º Atlética Lucense, 2 C.D. La Purísima, 3ºADAS CUPA, Franciscanos de Lugo, Atletismo Narón, Atletismo Sada, Atletismo Deza, Ames Atletismo e Lucus Caixa Rural Galega
  • Sub12 feminino. 1º At. Vila de Cangas, 2º Lucus Caixa Rural Galega, 3º C.D. La Purísima, Atletismo Sada, ADAS CUPA, Atlética Lucense, Atletismo Narón, Samertolameu, S.Gimnástica e Atletismo Deza
  • Sub12 masculino. 1º ADAS CUPA, 2º At.Vila de Cangas,  3º Ourense Atletismo, Atlética Lucense, Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural Galega, R.Club Celta, S.Gimnástica, C.D La Purísima, Ames Atletismo e Atletismo Sada

Catro mellores marcas galegas no Campionato Xunta de Galicia Sub14

Xa pola tarde, a xornada quedaba reservada para a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub14 individual, que tamén contou cunha gran participación e excelentes rexistros.

Para comezar, hai que salientar a mellor marca galega establecida por Olivia Gutiérrez do A.F. Celta quen sobre o concurso de lonxitude chegaba no seu terceiro intento ata os 5.20 m. Sen abandoar o foso, Beltrán Rivas do Atletismo Deza realizaba un mellor salto no triplo de 11.42 m. que melloraban a anterior marca de 11.33 m. do ano 1988.

Alba Vizoso do Atletismo Sada, era outra das que lograban melloras autonómicas, neste caso sobre os 80 m. con 10.34 logrando, así mesmo, un excelente rexistro tamén sobre os 150 m. con 19.58. Na mesma distancia Mateo Refojo do Rías Baixas, rebaixaba nunha boa carreira o tope galego Sub14 con 9.80 logrando de paso, unha importante medición no salto en lonxitude con 5.62 m. polos 5.61, do tamén destacado,  Joel Santana do Celta.

No resto de actuacións foron tamén moi interesantes os 10.46 m. de Laura Ríos do Atletismo Sada no concurso de triplo, así como os 5.62 m. de Mateo Refojo do Rías Baixas e os 5.61 m. de Joel Santana do Celta na lonxitude. Sara Caamaño da Atlética Barbanza mandaba o peso ata os 11.77 m. e Enrique García Boente da Atlética Lucense, paraba o reloxo na proba dos 2.000 m. nun excelente tempo de 6:20.41.

Por último, o equipo de relevos 4×80 feminino do Club Atletismo Sada a piques estivo de mellorar a marca galega vixente de 42.06 rematando finalmente con 42.61.

Compartir: