Os lanzadores da “factoría Hermida”, disfrutaron nestes últimos días dos consellos de todo un entrenador de luxo, o ruso ALEXANDR SINITSYN, que visitou Vigo invitado polo adestrador José Manuel Hermida. “Sacha”, martillista cunha marca persoal de 76.82m do ano 82, é o actual entrenador da subcampiona olímpica de xavalina Mariya Abakumova( 70.78m nos Xogos) e adicou parte da súa estadía na cidade ás correccións técnicas dos atletas durante os entrenamentos nas pistas de Balaídos. Oportunidade que eles souberon aproveitar e recoñecer coma un auténtico privilexio. De seguro que quedará reflexado no seu rendemento, manténdoos, coma sempre, no mais alto do ránking Foto Flor Curras