Resultados

Carballo acolle o Campionato Xunta de Galicia de 10K

Un total de 225 atletas tomarán parte durante este domingo no Concello de Carballo, no Campionato Xunta de Galicia de 10K en ruta que xuntará aos mellores especialistas galegos e galegas das categorías absoluto, máster, Sub20 e Sub23

Este cita supón unha das probas máis agardadas do calendario de ruta, xa que é por excelencia, unha das preferida polos amantes das modalidades de carreiras pedestres.

O campionato que se desenvolverá a partir das 10:00 horas da mañán, terá a súa saída desde a rúa Gran Vía, situada xunto ao parque da Casa do Concello de Carballo.

Proba aberta

Na relación de atletas, non estará presente o campión galego absoluto do ano pasado Elmedhi El Nabaoui , si en cambio estará intentando repetir o título absoluto Laura Santos do Playas de Castellón quen parte como clara favorita.  Xunto á lucense  aspiran a revalidar os seus títulos Victorina Losada do Ourense Atletismo e Rubén Caamaño do Atletismo SAR na categoría máster35;  Rocío Alvite do Atletismo Sar na W40; Alejandro Pesado do C.A. O Pino na M45;  María Aurora González do Pinarium na categoría W50 e  José Suárez do C.A. Brión na M55.

Especial atención de cara a ocupar eses postos importantes da internacional do Celta Uxía Pérez  e da mazaricá Rocío Alvite en mulleres así como de Rubén Diz do Ourense Atletismo,  Alejandro Pesado de O Pino,  Anxo Castro do Vicky Foods, Rubén Castro de A Gándara e Amador Pena do S.D Compostela en homes.

Compartir: