Perto de 100 técnicos galegos participarán este venres nas I Xornadas Galegas do Ateltismo de Base

Este venres ás 10:00 horas terá lugar a inauguración das I Xornadas Galegas do Atletismo de Base que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra. Oito prestixiosos ponentes mostraran os seus coñecementos de diversas áreas temáticas aos perto de 100 asistentes que están inscritos, comezará o Dr. Isidoro Hornillos, docente no INEF da Universidade de A Coruña e actual presidente da FGA quen expondrá as liñas de actuación da FGA no ámbito da tecnificación atlética. Posteriormente o prestixioso adestrador nacional Alfonso Ortega abordará o adestramento dunha atleta olímpica dende os seus inicios ata a cima do rendemento. No remate da mañá do venres o profesor da Unjiversidade da Coruña Victor Arufe abordará o ámbito da iniciación deportiva dende un punto de vista educativo. Á tarde o director da EGA e responsable de mediofondo da RFEA Mariano Garcia-Verdugo explicará como afrontar o adestramento de resistencia en nenos. Decir tamén que Mariano García-Verdugo ven de ser convidado pola Confederación brasileña de atletismo para impartir un clinic sobre medio fondo, neste clinic tamén participará o atleta e adestrador galego Joao Pablo Fernandez (mais info.). Ao final da tarde haberá unha mesa redonda presidida polo presidente da SGP D. Ramón Touza, e ca participación de Pablo Díaz (Director Técnico da SGPO), Javier Vazquez (Responsable marcha) e Vicente Veiga (Profesor da EGA). As conferencias do sábado abordarán a preparación das probas combinadas impartida polo responsable da FGA neste ámbito Julio Ventin, a preparación psicolóxica abordada pola profesora da Universidade Lusíada de Oporto Madó Gonzalez, e dous talleres un de saltos e outro de lanzamentos impartidos por dous maestros e grandes didactas nestes ambitos, Santiago Ferrer e Raimundo Fernandez. Amplíase prazo de inscrición soamente por via fax ou email ata as 20:00 horas do martes día 18. Todolos asistentes recibirán un cd cas actas do congreso ademais dun diploma acreditativo desta formación. Tamén destacar que os estudantes da Universidade de Vigo terán recoñecidos 1 crédito de libre elección. TRIPTICO

Compartir: